Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Vela

Echávarri e Paz soben ao podio na Semana Olímpica Francesa

A proba arrincou o domingo cun vento forte que fixo que os galegos da clase tornado se colocasen de terceira na clasificación xeral.

Redacción - 12:05 21/04/2008

A pesares das condicións meteorolóxicas complicadas, todas as clases, agás a 49er, puideron completar as mangas da primeira regata da Semana Olímpica Francesa que se está a desenvolver nas augas de Hyères.

Os galegos Fernando Echávarri e Antón Paz brillaron na clase Tornado, conseguindo o terceiro posto nas dúas probas do domingo, ocupando tamén esta praza na clasificación xeral, aínda que empatados a puntos cos dous primeiros, os holandeses Booth e Nieuwenhuis e os belgas Brouwer e Godefroid.

A Semana Olímpica Francesa vai servir para que a Federación Española de Vela decida a tripulación que vai ir ás Olimpíadas de Beixín 2008 na clase Laser Radial. Os dous galegos xa están seleccionados dende hai meses para participar nos Xogos Olímpicos na Clase Tornado.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: