Desde Paraguai, unha crónica de Ana Miranda, que participou como Observadora Internacional, convidada pola Corte Electoral do país.
Colorin colorado, Nicanor se ha acabado. Esta foi unha das consignas que esta noite berraba o pobo paraguaio, ao coñecerse o 90% do escrutinio que daba a victoria nas eleccións a Presidente e Vicepresidente da República á Alianza Patriótica por el Cambio (APC) e cunha altisima participación amenazada previamente por previsibles incidentes violentos. Esta candidatura inédita, conseguiu engaiolar a máis do 40% da poboación. Un país con profundas carencias, cun 35% de pobreza, cun 70% de xente menor de 30 anos, o que o convirte nun dos pais mais novo do continente sudamericano, e con profundas dificultades mediáticas e económicas para que esta candidatura, e o movimento social, labrego e cultural que a apoiaba, poidera sair victoriosa.
Na experiencia de Observadora Internacional convidada pola Corte Electoral de Paraguay, pasei a xornada do 20 de abril, iniciada en Asunción e indo despois ao distrito de San Pedro, cidade de Capiibary, no corazón da pobreza extrema e do epicentro dos movimentos campesinos, que defenden súa capacidade productiva. Era ali máis necesario estar que nas rúas de Asunción, nutridas dos máis de 300 observadores da OEA. A ruta a San Pedro, leva máis de tres horas de viaxe, cunha gran dispersión xeográfica, e a carretaxe de votantes en veiculos de duas, catro, 8 ou 12 rodas, a postar do tránsito. Nun dia no que o bon tempo fixo compaña, a Escola do Colexio San Clemente Maria de San Roque, ferve coa chegada de xente. Non se lembra tanto movimento na historia do Paraguay. E asi, mesa tras mesa, escola tras escola, distrito tras distrito, cidade, estado. As radios comunitarias xiran a carón nosa, para perguntar, para ver se vemos incidencias. Sinto que hai tantas cousas que me lembran a Galiza, tantas, como o voto dos mortos, a carretaxe electoral e sobre todo, a falla de estima pola lingua, como sucede en Paraguai co guarani, que volta un flash back por un intre, lembrando a un caciquismo instalado.
Nos dias anteriores, respirabase o cambio, nos comentarios da xente, incluso do Partido Colorado, que afirmaban, estar fartos. Un partido herdeiro da dictadura, tal como afirmou a exministra de Educación e xa derrotada candidata Blanca Alvear, que foi aggiornado. A xente mudou, a xente cansouse, e precisaba un cambio. E Fernando Lugo, conseguiu motivar nun tempo récord de constitución deste bloque electoral, para que hoxe se mude a historia política da República do Paraguay. Un pais rico, excedente de enerxia, pero que súas riquezas non benefician a seus habitantes, un pais cuns recursos naturales extraordinarios e un patrimonio cultural e humano fora do común. Unha campaña moi dura do oficialismo para criminalizar a Lugo, e para minusvalorar esta plataforma.O pais non puido aguantar máis, precisa dunha reforma integral, no sistema administrativo, agrario, industrial e medio ambiental, cultural e lingüístico. Afirmaba Lugo na comparecencia que deu para a prensa internacional no Hotel Granados “tivemos a ousadia en menos de 8 meses de querer ser goberno”. Lugo soubo chegar a cidadania sinxela, á que non ten voz e presenta unha proposta aberta e plural que chegue a todos os sectores do pobo paraguaio.
Dende o BNG queremos felicitar este triunfo, ao que contribuimos coa nosa presenza e dende o proceso que vimos seguindo de colaboración dende hai dous anos, a internacional a situación de Paraguay, en estreita colaboración co Movimento Campesino Paraguaio e seu lider Belarmino Balbuena, que se presentaba a Senador, ainda non estando disponibel o reconto ate o luns ou martes.
Un novo mencer para o Paraguay, que despois de tantos anos pechado, cun goberno corrupto, quere tomar seu destino, nun contexto importante da integración no Mercosur e nun proceso de reformas en toda Latinoamérica, no que faltaba esta peza do dómino para completar un tableiro estratéxico. Funcionuo a solidaridade internacional, aplicouse aqui con este enorme e voluntarista despregue internacional unha forma de relacións diplomáticas baseada no multilateralismo da solidaridade, como a nosa humilde presenza na testemuña, na denuncia e na alegria compartida neste novo mencer do Paraguay que encabeza o Presidente Fernando Lugo.
NOTA:
Dentro da categoria de observadores internacionales, que fomos convidados pola Corte Electoral Central do Paraguay, existian tres tipos de Observadores, os Nacionales, os da OEA e os Observadorerses Internacionales convidados, que son proposta dos diferentes grupos.Durante o proceso previo, todos e cada un dos observadores, mantivemos a nosa imparcialidade no proceso, mais rematado o reconto electoral, os Observadores Internacionales Convidados, na súa maioria, concentrámomos no Hotel Granados, para apoiar o triunfo. Os observadores e a prensa extranxeira, conseguiu internacionalizar esta situación, polo que máis que unha cuestión de forma, considero que está un tema de fondo . E innegable que o BNG apoiou que estas eleccións foran limpas coa súa presenza, pero na categoria de observador internacional convidado, pasado o reconto, non se vulnerou o regulamento electoral.