Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Promo Tonos

A publicidade, agora tamén vía móbil

Orange reducirá os prezos a quen acepte que se escoiten melodías publicitarias mentres sona o ton de espera.

Redacción - 14:15 20/04/2008

A partir do luns a operadora de telefonía Orange vai introducir no mercado unha nova estratexia publicitaria. Os clientes que así o desexen poderán adoptar os Promo Tonos, un servizo que substitúe o ton de espera que se escoita antes de contestar unha chamada por unha melodía ligada a unnha marca, ou a unha campaña de publicidade.

A vantaxe para a compañía está clara, mais os clientes tamén obterán un beneficio económico directo ao aceptar convertérense en difusores de mensaxes publicitarias. Realizaranse descontos directos nas facturas dos clientes e ademais a operadora facilitará ao máximo o mecanismo de activación, a través da rede ou do propio teléfono móbil.

A facilidade de medición é unha das vantaxes que ten o anunciante, xa que as operadores coñecen de xeito detallado o consumo dos seus clientes e isto permite a segmentación da campaña por zonas xeográficas, tramos de idade ou tipos de consumo, entre outros aspectos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: