A vindeira quinta feira 24 de abril está organizada unha manifestación na cidade olívica que partirá da Praza de España.
Baixo o lema "O 24 de abril sae á rúa a defender a túa lingua" o Foro da Mocidade de Vigo organizou unha manifestación na cidade, dirixida aos estudantes de ensino medio e universitario para protestar contra os impedimentos que está a atopar o Decreto 124/2007 do emprego do galego no ensino para ser aplicado e por un ensino universitario completo en galego.
Segundo informacións publicadas no portal Galiza Indymedia, a manifestación ha partir ao mediodía da coñecida como "Praza dos Cabalos", a Praza de España de Vigo.