As entidades financeiras incrementaron o 21 e o 25 por cento respectivamente o seu volume de negocio durante 2007.
Caja Madrid rexistrou en 2007 un crecemento de 611 millóns de euros máis que en 2006, o que supón un incremento do volume de negocio do 25,8 por cento. A entidade madrileña atribúe este incremento á posta en marcha a principios do pasado exercicio o Proxecto 2010, polo que ampliará a rede en Galiza con 9 novas oficinas nos vindeiros tres anos, até chegar aos 97 puntos de venda.
Por outra banda, La Caixa tamén incrementou a súa presenza no noso país, acadando un volume de negocio de 7.866 millóns de euros, o 21 por cento máis que no ano anterior. Esta entidade conta xa con 268.000 clientes particulares e 14.800 empresas acadados grazas á aposta pola banca privada, as empresas, os autónomos e o comercio, segundo afirmou o seu director executivo, Juan José Muguruza. "Buscamos investimentos en Galiza" xa que o sector industrial non tivo os descensos tan acusados como outros colectivos.