Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OS FABRICANTES XA DUBIDAN DO SEU DESPEGUE

A televisión a través do móbil non acaba de arrancar

Era unha das grandes apostas da telefonía móbil nesta nova década. No entanto, a televisión a través do móbil non está a ter o éxito que se agardaba. Grandes compañías como a finesa Nokia xa empezan a dubidar do despegue definitivo desta nova tecnoloxía.

Redacción - 13:55 14/04/2008
¿Que pasa coa televisión a través do móbil?

¿Que pasa coa televisión a través do móbil?

E é que empresas fabricantes como Nokia estanse a atopar con que poucos operadores teñen servizos de transmisión para os aparatos que permiten ver a televisión no terminal móbil. Di Nielas Savander, xefe da división de servizos para Internet de Nokia, que a xente está máis interesada na descarga de datos a través do móbil e non na transmisión de contidos televisivos.Ademais, din desde Nokia (que foi unha das compañías que máis impulsou a promoción da transmisión televisiva a través do móbil) que existe confusión entre a xente que usa este servizo, posto que o fan por medio do 3G (co conseguinte beneficio económico para as operadoras) e non mediante a tecnoloxía IP para dispositivos portátiles DVB-H que se impulsou dacordo co estándar europeo e que permite maior calidade de imaxe.

FWWWRANDO


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: