Entre 2004 e 2007 Galiza suma un incremento do 24,8%, o maior do Estado, onde a subida media foi dun 18,7%.
Só Asturias mantivo un ritmo similar de crecemento no seu Produto Interior Bruto, igualando esa taxa do 24,8%. No outro estremo, a nivel estatal os menores incrementos producíronse nas Illas Baleares (13,5%) e na Comunidade Valenciana (15,6%). En cifras concretas, o pIB medio estatal quedou á fin de 2007 en 23.396 euros, fronte aos 19.700 nos que se situaba en 2004.
Segundo os mesmos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a evolución do PIB per cápita medio pasou de 19.700 euros de mediaen 2004, até os 20.933 euros en 2005, 22.260 euros en 2006 e até eses 23.396 euros de media ao peche de 2007.