Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Camiño á democracia

Probábel vitoria dos maoístas nos comicios que inauguran o "novo" Nepal

A última hora do domingo, o Partido Comunista do Nepal (Maoísta) sumaba xa 61 dos 115 escanos onde se completara reconto.

Redacción - 09:00 14/04/2008

Os resultados finais dos comicios nepalís non se coñecerán aínda se cadra nun prazo de cinco ou sete días, froito dun lento proceso de reconto e un complexo sistema electoral. Mestura votacións directas e con métodos proporcionais, e mesmo permite que un candidato se presente en máis dunha circunscrición, malia que finalmente só poida outorgárselle un escano.

Con todo, debúxanse tendencias claras na saída do primeiro treito do reconto cara á asemblea de 601 membros que deberá deseñar a nova constitución para o país. Vaise culminar así un longo proceso que pon fin a unha monarquía de máis de dous séculos que deixa paso a unha "república federal democrática". Así, os ex rebeldes maoístas que acudían aos comicios baixo as siglas do Partido Comunista do Nepal (Maoísta), parecen ir converterse no partido maioritario, superando os rivais do Partido Comunista do Nepal (Marxista-leninista).


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: