Os parlamentarios votaron a favor dun posíbel rexeitamento dos dirixentes da UE á ceremonia inaugural de Beixín.
O Parlamento Europeo votou a favor de un posíbel boicot dos dirixentes da UE á ceremonia inaugural dos Xogos Olímpicos se a China non se compromete a falar co Dalai Lama sobre a situación que se vive no Tíbet.
Os parlamentarios pedíronlle tamén á presidencia da UE que se esforce por achar unha posición común en canto á asistencia á inauguración dos XXOO, con opción de nin acudir se non se cumpre este seu requerimento.