Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avance médico

Cataluña permitirá o uso terapéutico do cannabis

Segundo un estudo, o denominado Sativex mellorou os síntomas da metade dos pacientes que recibiron o tratamento.

Redacción - 13:10 12/04/2008
O medicamento adminístrase a través dun pulverizador

O medicamento adminístrase a través dun pulverizador

A Generalitat de Cataluña permitirá o "uso compasivo" do Sativex, un derivado do cannabis que xa está a ser utilizado no Canadá para o tratamento de dores neuropáticas nos enfermos con esclerose múltiple, ou para evitar os vómitos e as náuseas producidas pola quimioterapia, sempre que os enfermos non respondan a outros tratamentos de referencia.

O estudo realizado en Cataluña, co apoio da Axencia Española do Medicamento, demostra a eficacia deste produto, que diminúe a intensidade da dor neuropática que senten os pacientes con esclerose múltiple, aumenta a fame en pacientes con anorexia-caqueixa presente en enfermos de sida ou cancro terminal e reduce as náuseas e os vómitos provocados pola quimioterapia.

O programa piloto realizouse sobre 207 pacientes durante ano e medio, obtendo como resultados un descenso do 65,9 ao 35 por cento da percepción da dor sentida polos pacientes de esclerose múltiple; un aumento da sensación de fame do 10 ao 53,6 por cento, ou a desaparición das náuseas na terceira parte dos pacientes sometidos a quimioterapia.

Uso compasivo

Aínda así, este produto non se vai prescribir a todos os enfermos, tan só aqueles que sufran as patoloxías estudadas no programa piloto e os que non respondan a outros tratamentos poderán utilizalo mediante a vía do uso compasivo até que non se aprobe no resto de Europa.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: