Un vídeo do proxecto científico Vulcan mostra as emisións diarias de dióxido de carbono que expulsa á atmosfera o país americano.
Financiado pola NASA e o Departamento de Enerxías dos EUA, o proxecto Vulcan pretende a través deste estudo, facer un mapa detallado das emisións de CO2 que Os Estados Unidos, mostrando detalles xeográficos e temporais, do patrón de consumo dos combustíbeis fósiles.
O vídeo mostra as emisións de CO2 con 100 veces máis detalle que os análises dispoñíbeis até o momento, xa que os datos aportábanse como máximo unha vez ao mes, mentres que o modelo Vulcan examina as emisións de forma horaria.
Segundo os investigadores, este proxecto pretende afondar no coñecemento do ciclo de vida do CO2, e contribuirá a definir políticas para a redución das emisións.