Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'SONORA 08'

A música chega ao Campus de Vigo

Este mércores actuarán os suecos 'Radio Dept.' e o granadino 'Sr. Chinarro', e o xoves subirán ao escenario 'Nadadora' e os londinenses 'Lucky Soul'

Redacción - 10:32 09/04/2008

O campus da Universidade de Vigo tense convertido nos últimos anos en escenario habitual de concertos. Polo Teatro do Campus teñen pasado bandas e artistas de peso internacional, como Micah P Hinson, ou os mallorquíns Sexy Sadie, que ofreceron en Vigo o seu penúltimo concerto antes de separarse. Agora chega o ciclo Sonora 08, que durante dous días ofrecerá catro concertos de pop.

Abrirá o ciclo este mércores ás cinco e media da tarde o granadino Sr. Chinarro, Antonio Luque, que está presentando o seu novo disco, Ronroneando. A seguir, será o turno dos suecos Radio Dept., banda sueca que nos últimos anos veus movendo entre o shoegaze e o indie, e cuxo álbumo de debut, Lesser Matters, foi considerado pola revista NME o noveno mellor disco do ano 2004.

O xoves ás cinco e media abrirán os concertos Nadadora, que seguen presentando o seu segundo disco, Hablaremos del miedo. E despois actuarán os londinenses Lucky Soul, unha banda formada en 2005 con influencias de grupos como Saint Etienne.


Documentos

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: