Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ARROZ AUMENTOU UN 50% EN DÚAS SEMANAS

Cinco mortos en Haiti nas protestas pola inflación

O goberno culpa os narcos e os partidarios do ex presidente Aristide de fomentar as revoltas cidadás.

Redacción - 19:20 08/04/2008

As protestas comezaron o venres, cando se produciron xa catro mortos e máis de trinta feridos na localidade de Los Cayos, en medio de saqueos de camións de alimentos e depósitos de comida. Este luns houbo un quinto falecido, nunha manifestación organizada contra un senador que criticara publicamente as mobilizacións. De acordo coas versións recollidas entre habitantes de Cayes, as balas que costaron a vida a unha persoa e causaron as feridas a outras procederon da casa do senador.

Nos últimos meses téñense producido en Haiti grandes ascensos nos prezos de produtos de primeira necesidade, coma o leite ou o arroz, que tan só nas últimas dúas semanas, aumentou o seu custe un 50%.

En Porto Príncipe tamén tiveron lugar manifestacións, segundo constatou a prensa. Centos de persoas congregáronse fronte ao Palacio Nacional, sede da presidencia haitiana, e fronte ao parlamento. Estas manifestacións sumáronse onte ao paro de condutores de vehículos do transporte colectivo na capital haitiana. As protestas comezaron o xoves pasado con disturbios en varias cidades, sobre todo no sur do país, onde as instalacións da ONU foron atacadas por manifestantes enfurecidos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: