Porá no mercado de forma progresiva unhas 400 toneladas, o doce por cento dos seus activos.
O Fondo Monetario Internacional (FMI) ten problemas de cartos. Os seus responsábeis calculan que nos vindeiros anos a institución financeira terá un déficit de 400 millóns de dólares, e xa preparan un recurte de gastos de máis de cen millóns de euros, e un plan de despedimentos. Ademais, nunha decisión sen precedentes, o FMI venderá o doce por cento das súas reservas de ouro, unhas 403 toneladas, durante un prolongado periodo de tempo, co obxectivo de non provocar interferencias no mercado do metal.
O problemas que atravesa a institución financeira teñen a súa orixe en que os seus ingresos descenden a medida que se reduce a súa actividade de empréstitos.
A venda está pendente da súa aprobación polo Congreso dos Estados Unidos, e tamén depende do apoio do 85% dos 185 países membros da organización. O director do FMI, o francés Strauss-Kahn, prometeu unha vez máis que a institución converteráse nunha institución eficiente e concentrada nas necesidades dos países que a integran.