Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTUDA INSTALAR UNHA BASE NA LÚA A PARTIR DO 2018

A NASA recruta os seus futuros astronautas sobre Second Life

Á NASA non lle faltan proxectos. Pero podería ter falta de colaboradores paran poñelos en marcha, xa que os mozos americanos xa non teñen a mente posta nas estrelas

Redacción - 13:36 07/04/2008

É o que revela un estudo de opinión realizada durante catro anos por Dittmar Associates, organismo especializado no consello de empresas.

No 2004, o 55% dos mozos de 18 a 25 anos apoiaban os novos proxectos de exploración espacial (envío dunha tripulación á Lúa, misión en Marte...), o 8% non tiñan opinión e o 30% estaban en contra.

Catro anos máis tarde, xa non son máis que o 20% a expresar o seu entusiasmo, a indiferenza gañou en máis dun 25% deles, e un 30% dos rapaces e rapazas deste grupo de idade decláranse opostos a estas futuras misións. Unha postura que preocupa á axencia espacial americana, posto que os de 20-30 anos representarán perto dun 50% da forza de traballo nos Estados Unidos no 2014.

Para levar a cabo os seus programas a longo prazo - como o proxecto Constellation, que prevé construír bases sobre a Lúa para instalarse de maneira duradeira a partir de 2018 -, a NASA deberá virarse máis atractiva.

Co fin de dar a coñecer mellor a súa actividade, atraer os mozos activos e infiltrarse nos novos medios de comunicación (blogs, redes sociais, lugares de descarga de vídeos...), a axencia espacial estableceu a NASA CoLab Program. Desde maio de 2007, o equipo encargado desta misión investiu en Second Life para facer un terreo de prospección. Nos blogs deste mundo virtual accesible en liña, lanzou operacións de contratación baixo o lema explícito: "NASA needs you", e amósase atenta aos soños da nova xeración, que o estudo de Dittmar Associates se encargou tamén investigar.

Á falta de poder voar inmediatamente cara a Marte ou cara á Lúa, en 18-25 anos os astronautas poderían embarcase coas súas webcams en cada expedición para disfrutarmos en tempo real (co seu teléfono móbil por exemplo) dos descubrimentos extraterrestres. Mellor aínda, quererían poder controlar, a distancia, os robots enviados a Marte para descubriren este planeta por eles mesmos. Sen facer promesas excesivas, a NASA xa prevé a creación dun Second Life interplanetario: un novo mundo virtual, que permitiría aos astronautas presentes en Marte comunicarse por un sistema de chat cos seus amigos ou coa súa familia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: