Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións na ex república iugoslava

Vujanovic, reelixido presidente de Montenegro en primeira volta

"Esta é unha vitoria para todos nós, polo noso Montenegro e por un futuro mellor", afirmou tras coñecer os resultados.

Redacción - 09:40 07/04/2008

O presidente de Montenegro, Filip Vujanovic, logrou a reelección nas eleccións presidenciais organizadas este domingo na ex república iugoslava, co que se consolida o dominio político do Partido Democrático Socialista, segundo revelou a axencia independente CEMI.

As estimacións danlle o 52,3% dos votos, co que lograría renovar o seu mandato sen necesidade de ir a unha segunda volta. Os resultados baséanse nun reconto parcial, polo que haberá que esperar aos resultados oficiais, que se publicarán ao longo da xornada do luns.

"Esta é unha vitoria para todos nós, polo noso Montenegro e por un futuro mellor", anunciou Vujanovic tras coñecer os resultados. "Tamén quero expresar a miña gratitude para aqueles que votaron pola oposición. Eu serei o presidente de todos os montenegrinos", engadiu.

Os rivais foron Andrija Mandic, da Lista Serbia, que segundo as proxeccións da CEMI conseguiu o 19,3% dos votos; Nebojsa Medojevic, do Movemento para os Cambios (PZP), o 16,7%, e Srdjan Milic, do Partido Socialista Popular (SNP), o 11,3%.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: