Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Este ano, en Vigo

A asociación Amigos da Terra celebra a súa asamblea anual.

Mañá  sábado 5 de Abril os socios membros da ONG Amigos da Terra reuníranse durante toda a xornada, dende as 10 ata as 19 horas, no CITIC (Centro Municipal de Formación en Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación) localizado na rúa San Vicente, nº 3 (Esquina Méndez Núñez ) Constitución) en Vigo,  para facer balance do ano pasado, presentar a memoria de xestión e actividades, así como os novos plans de traballo  para este ano e a aprobación do plan estratéxico para este os anos 2008-2011.

Redacción - 18:10 04/04/2008
Tags:

Amigos da Terra é un organización ecoloxista galega que forma parte de Amigos de la Tierra España, que a súa vez forma parte de Friends of the Earth International (Amigos de la Tierra Internacional), unha das redes ecoloxistas de maior implantación no mundo, cun millón de socios e preto de 5.000 grupos locais dos setenta países nos que está presente dende a súa constitución en 1971. No estado español esta presente dende 1979 e en Galicia mantén presenza continuada dende 1996, con grupos máis establecidos polo de agora nas provincias de Ourense e Pontevedra e en proceso de expansión.


As súas principais áreas de traballo están encamiñadas a enderezar a sociedade cara un Desenvolvemento Sostible e de loita contra as problemáticas ambientais do cambio climático, a destrución forestal, o perigo dos transxénicos e os residuos domésticos. Para elo desenvolve actividades, programas e proxectos de concienciación social, denuncia pública, educación ambiental, actividades de rexeneración ambiental e demostrativas de solucións para a sostenibilidade.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: