Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Blogueiros do Brasil protestan pola veda aos contidos políticos durante a campaña

O Tribunal Superior Electoral decidiu que a partir do 6 de xullo só poden falar de política as webs oficiais dos candidatos.

Redacción - 17:00 04/04/2008

O Tribunal Superior Electoral do Brasil prohibirá que a campaña electoral se poida desenvolver nos blogs, o que na práctica pode significar que as bitácoras non se poidan empregar durante ese período. Distintos activistas da rede criticaron a decisión da xunta electoral brasileira, que desaproveita, e mesmo pode censurar, as novas ferramentas de comunicación como medios de debate político.

En outubro, a cidadanía do Brasil está chamada a participar nunhas eleccións rexionais. A resolución do TSE estabelece que a campaña electoral na internet só será permitida en páxinas creadas para os propósitos dos candidatos e pensadas exclusivamente para ese período, que comeza o 6 de xullo.

Deste xeito, a partir do verán, na práctica, os internautas terán prohibido pronunciarse politicamente. Tampouco poderán expresar as súas preferencias electorais nas redes sociais, como o popularísimo no Brasil Orkut ou Facebook.

Global Voices Online recolle os testemuños de varios blogueiros do país sudamericano, como Idelber Avelar ou Gica Trierweiler, contra a decisión da xunta electoral, e que mesmo fan un chamamento a manifestar a oposición á medida.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: