Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No pentatlón moderno de base

Volven os irmáns Rodríguez

Cristóbal e Yolanda convertéronse en campións galegos. O primeiro en categoría cadete e júnior, e a segunda en benxamín.

Redacción - 13:19 03/04/2008
Cristóbal, coa esgrima

Cristóbal, coa esgrima

Os dous irmáns, de Viveiro, gañaron o campionato galego de pentatlón moderno que se desenvolveu esta fin de semana en Lugo.

Cristóbal Rodríguez conseguiu, no mesmo día, o título de Campión Galego en categoría cadete e en xuvenís, despois dunha xornada que comezaba cedo de mañá coa proba de tiro no pavillón municipal da Duquesa, e que terminaba ás sete da tarde cos tres mil metros de carreira a pé. O viveirense é tamén o actual campión cadete e subcampión júnior do Estado.

A xornada non foi moi doada para Cristóbal, posto que tivo que pelexar duro contra Garrido e Torian. Finalmente, conseguiu o título ao vencer en tiro e en esgrima.

Polo seu lado, a súa irmá Yolanda conseguiu gañar o mesmo título na categoría benxamín, o segundo que consegue, despois de vencer en natación e no tiro, sendo terceira na carreira a pé.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: