O xigante creado arredor do buscador soa como o posíbel comprador do servizo de telefonía IP adquirido en 2005 por eBay.
Cada vez cobra máis peso un novo rumor sobre adquisicións no sector da internet. A empresa Google está interesada en mercarlle Skype, o software máis popular de telefonía IP, ao seu propietario actual, a web de poxas eBay.
Skype custara 3.100 millóns de dólares a finais de 2005, pero dende entón non lle estivo a dar os resultados económicos agardados a eBay, polo que a compañía está interesada en se desfacer del. Pola contra, Google ten a pretensión de dominar o espazo de voz na rede: xa dispón dun servizo semellante a través de Gtalk, un número de información 411 nos EUA e o ano pasado mercou GrandCentral o ano pasado por 50 millóns de dólares.
Até o momento, Skype xa ofreceu máis de 100.000 millóns de minutos de telefonía IP e chega a ter 10 millóns de usuarios simultáneos, polo que podería ser un bo negocio para Google.