Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 1 AO 30 DE ABRIL

Mes da banda deseñada en Pontevedra

O programa das xornadas organizadas por BD Banda inclúen conferencias, obradoiros, exposicións e proxección de filmes.

Redacción - 10:39 02/04/2008

A primeira das citas destacadas terá lugar este xoves cunha mesa redonda, Retrospectiva do premio Castelao, que reunirá a partir das oito e media da tarde aos seus tres gañadores até o momento: David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández. O venres, á mesma hora, Sergio García falará en Historia dunha páxina sobre o proceso creativo no cómic. Finalmente, o sábado 5 de Abril homenaxearase a El Jueves no seu trinta aniversario; falarán José Luis Martín, editor e histórico da revista, autor da páxina Dios Mío, e Albert Monteys, actual director da publicación.

Hai dúas exposicións, abertas o 1 de abril e que permanecerán na Biblioteca Municipal (Rúa Alfonso III, nº 3) até o día 30: El jueves, 30 anos en portadas e Historia dunha páxina. E obradoiros dirixidos a escolares, unha das grandes novidades destas Terceiras Xornadas de Banda Deseñada; esta actividade, impartida por Jacobo Fernández e Norberto Fernández, terá lugar o día 15 de abril.

Finalmente proxectarase un ciclo, Banda deseñada e Cinema de Animación, que comezará o martes 8 con Animación Experimental de Osamu Tezuka e continuará o día 15 con Os Incríbeis (Brad Bird), o martes 22 con Persépolis (Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud) e pecharase o martes 29 con Tekkonkinkreet (Michael Arias).


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: