Hase xogar entre maio e xuño, un partido aquí e outro en Cataluña. Todas as claves esta cuarta feira pola tarde, así que se presente o torneo.
A Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Baloncesto han presentar esta cuarta feira ás 17:00 horas en San Lázaro (Compostela) unha anovadora competición que ha enfrontar ás seleccións (masculina e feminina) de Galiza, Euskadi e Cataluña.
É o moi agardado triangular do que moito se ten falado, pero do pouco se sabe, só que se ha xogar entre maio e xuño e que un dos partidos vai ser en Cataluña, e outro no noso país.
Os seareiros xa poden ir despregando as súas bandeiras, porque os tres países han saltar á cancha en nada.