O campionato de tiro ao pombiño que se celebra anualmente na illa da Toxa é unha fonte importante de contaminación da ría de Arousa debido ao chumbo que conteñen os perdigóns.
Os graves efectos do chumbo sobre os seres vivos son ben coñecidos: é un dos metais máis contaminantes que usa o home, acumúlase nos tecidos e provoca desordes fisiolóxicas e malformacións fetais. Debido a isto o chumbo xa foi retirado das gasolinas non hai moitos anos. Estas medidas foi adoptadas por practicamente todos os paises do mundo e os seus efectos deixáronse notar na mellora da calidade do aire nas cidades.
Sobre as aves acuáticas o chumbo tem tamén efectos moi graves, sendo unha das principais causas de morte por envenenamento. Os perdigóns son inxeridos polas aves ao confundilos con comida ou para ser utilizados no papo dos animais para triturar a comida predixerida, provocando a síndrome coñecida como plumbismo.
Segundo estudo realizado por Juan José Rodríguez da Universidade de León, cada ano son esparexidos polos cazadores 6000 toneladas de chumbo nos humidais do estado español através dos perdigóns. As zonas húmidas onde se practica a caza intensiva é son as que rexistran as concentracións máis elevadas deste metal no ambiente. As aves analizadas nestas zonas húmidas son as que presentan as concentracións máis elevadas de chumbo.
Por estes motivos ADEGA quere preguntar abertamente aos veciños do Grove, e especialmente aos que asinaron pedindo que se manteña este lamentábel campionato, se queren seguir envenenando a súa ría simplemente porque esta actividade deixa algúns beneficios económicos ao comercio. Cómpre lembrar que a ría ten unha importante producción de mariscos e crustáceos que rematamos consumindo as persoas.
Deberiamonos plantexar se queremos seguir envelenando o noso medio ambiente a cambio duns poucos cartos cando existen alternativas viábeis a este "campionatos" da morte. Non só falamos de empregar outro tipo de munición e substituir os pombiños polos pratos, senón que existen outras formas de atraer o turismo igual de efectivas e máis respectuosas co medio, sen necesidade de masacrar milleiros de pombiños.
Dende ADEGA entendemos que é compatíbel o aproveitamento turístico co respecto ao medio ambiente. Non necesitamos envelenar as rías, nin os animais nin as persoas, e dende logo a administración debe ser a primeira en garantir o cumprimento da lexislación vixente, en especial as leis ambientais que benefician a toda a sociedade.
Outras novas relacionadas con esta nova
VIEIROS: Apenas 200 grobenses, saen á rúaen defensa do campionato de tiro ao pombiño (01/04/2008)
ADEGA e numerosos colectivos ecoloxistas solicitan a suspensión da caza do pombiño na Toxa (05/07/2007) |