Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RODAXE EN VIANA DO CASTELO

Volven asaltar o 'Santa María'

O director Francisco Manso realiza unha nova achega cinematográfica, con participación galega, á acción revolucionaria levada a cabo polo DRIL en 1961.

Redacción - 09:00 02/04/2008

En 2004 Margarita Ledo estreou o documental Santa Liberdade, no que revivían Humberto Delgado, Enrique Galvao, Xose Velo e Jorge Fernández de Soutomaior e a aventura heroica que os levou a secuestrar un trasatlántico no medio do océano, para protestar contra as ditaduras de Franco e Salazar. A acción do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), que mudou o nome do barco de Santa María por Santa Liberdade, obrigou a intervir ao propio presidente norteamericano Keneddy.

Agora un realizador portugués, Francisco Manso (O Testamento do Senhor Napumoceno, A ilha dos escravos), está a dirixir unha nova achega á historia: Assalto ao Santa María, un filme de ficción que se está a rodar estes días en Viana do Castelo, con participación galega na produción e tamén no elenco de actores, coa actuación do novísimo actor Christian Escuredo, que interpreta ao fillo de Xosé Velo, e comparte escenario cos portugueses Carlos Paulo, António Pedro Cerdeira, Vítor Norte ou Leonor Seixas.

A parte máis importante da filmación, que conta cun orzamento dun millón de euros, terá lugar no antigo navio-hospital Gil Eannes, atracado en Viana do Castelo, onde tamén se fará a estrea mundial. A rodaxe tamén terá como escenario Cacilhas, Montijo, Barreiro e Lisboa.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: