Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Natación adaptada

Tres medallas de ouro máis para Cimadevila

O nadador parolímpico volveu destacar no Open de Francia, confirmando as súas aspiracións ao podio en Beixín, nas Parolimpiadas de setembro.

Redacción - 12:00 01/04/2008

Esta fin de semana Cimadevila participou no Open de Francia que se desenvolveu na cidade de Nancy, destacando entre os demais nadadores ao conseguir tres medallas de ouro.

Na súa proba favorita, os 200 metros estilos, conseguiu facer un moi bo rexistro de 3.11.77, confirmando as súas aspiracións a conseguir medalla nos Parolímpicos de Beixín 2008, a celebrar en setembro.

Na actualidade o nadador pontevedrés está de segundo na listaxe de mellores nadadores con discapacidade do mundo, por detrás do brasileiro Daniel Dias, pero conta mellorar a súa marca para a cita parolímpica. Para isto xa tren planeado unha axenda chea de concentracións e competicións, que continúan o 16 de abril no Open Internacional de Tenerife, dende onde vai viaxar a Granada para entrar no centro de alto rendemento de Serra Nevada, para adestrar de xeito extremo a grande altura.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: