Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO DE DENOMINACIÓN

Macedonia terá que cambiar de nome para entrar na OTAN

Grecia vetará o ingreso, pois unha das súas provincias ten o mesmo nome.

Redacción - 11:50 01/04/2008
Bandeira de Macedonia

Bandeira de Macedonia

A república balcánica de Macedonia deberá cambiar de nome oficial se quere entrar na OTAN. Así o advertiu a ministra de asuntos exteriores de Grecia, Dora Bakoyannis. Os gregos non admiten a denominación de Macedonia porque no seu país xa hai unha provincia co mesmo nome.

Macedonia non poderá ingresar na OTAN se hai un veto de Grecia, no cumio da Alianza Atlántica que se desenvolverá esta semana en Bucarest. Os gobernos grego e macedonio levan 17 anos tentando resolver o conflito.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: