O escritor galego preguntará "Quen nos le a nós?" e ofrecerá o seu parecer sobre a relación "Literatura e mercado en Galiza".
Con estes actos continúa o ciclo Conversas con… organizado por Filologies Gallega i Portuguesa da UB, o Lectorado de Galego da UAB e mais a Asociación de Escritores en Lingua Galega para dar a coñecer escritores galegos entre a comunidade universitaria e os lectores de Cataluña. Todas as actividades están abertas ao público.
Xurxo Borrazás(Carballo, 1963) é un dos narradores galegos máis destacados da actualidade. Autor de Cabeza de chorlito (1991) e Eu é (1996), con Criminal (1994) recibiu o Premio da Crítica. Os seus libros máis recentes son a novela Ser ou non (2004) e o libro de ensaio Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida(2007).
Conferencia de Xurxo Borrazás na UB:
Quen nos le a nós?
Luns 7 de abril de 2008 ás 19:30
Edificio Histórico, Aula 108
Facultade de Filoloxía, Universidade de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 - 08007 Barcelona
---
Conferencia de Xurxo Borrazás na UAB:
De cifras e letras. Literatura e mercado en Galiza
Martes 8 de abril de 2008 ás 15:00
Facultat de Lletres, Aula 104
Universitat Autònoma de Barcelona
08193 Bellaterra
Organiza: Filologies Gallega i Portuguesa da UB || Lectorado de Galego da UAB || Asociación de Escritores en Lingua Galega
Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia || Rede.cat