Os medios de comunicación difunden imaxes do mundo, como as que seguen, unha visión do planeta desde diferentes medios con distintas tendencias
O mundo en 2007 segundo 'Slate' de Washington (arriba) e segundo 'The Australian' de Sydney
Os cartogramas deforman as realidades en función doutras variables na mesma superficie. Pode tratarse do consumo de enerxía ou o PNB per cápita. Trátase aquí da importancia concedida no 2007 por algúns diarios ás distintas rexións do mundo.
Pódense atopar outros exemplos relativos aos medios de comunicación sobre o diario online Journalism Blog e neste Observatorio dos medios. Hai cartogramas que representan o impacto ecolóxico, a poboación, entre outros temas, en Resilience Science.
O autor dos cartogramas sobre os medios de comunicación salienta que os diarios tradicionais son altamente selectivos e que os medios de comunicación online non son moi diferentes.