E ademais desenvólvese en Galiza, o vindeiro domingo 6 de abril. Toda a competición (con comentarios, imaxes e clasificacións en tempo real) poderase seguir a través da web da Federación Española.
Por primeira vez na historia vaise poder seguir, ao vivo e a través da rede, un Campionato Estatal de Elite e Sub-23 de Duatlón, o que se vai desenvolver o vindeiro domingo 6 de abril en Monforte de Lemos.
A competición vaise poder seguir, con comentarios, imaxes e clasificacións, en tempo real, o que o vai converter no primeiro evento en directo do calendario 2008. Despois desta tamén se van poder seguir ao vivo outras 5 competicións a través na web da Federación Española de Triatlón (www.triatlon.org): a Copa de Europa de Triatlón de Pontevedra (19 de abril), o Campionato Estatal de Triatlón de Longa Distancia en Elche (27 de abril), a BG Copa do Mundo de Triatlón de Madrid (25 de maio), o Campionato de Europa Sub-23 e Youth de Triatlón en Pulpí (6 e 7 de setembro) e o Campionato de España Elite e Sub-23 de Triatlón en Ferrol (14 de setembro).