Observadores internacionais confirman a existencia de fraudes.
Á espera de que este luns se coñezan os resultados oficiais definitivos das eleccións municipais, presidenciais e lexislativas en Cimbabue, a tensión é máxima no país. Nun primeiro momento, a existencia dunha tendencia favorábel á vitoria do Movemento para o Cambio Democrático, formación opositora ao actual presidente Robert Mugabe e liderada por Morgan Tsvangirai, fixo que representantes desta formación deran por feito o triunfo.
Ao fío, o actual presidente Mugabe advertía de que calquera declaración anticipada de triunfo se entendería desde o executivo como "intento de golpe de Estado". Paradoxalmente, o propio Mugabe se atribuía posteriormente a vitoria. "Non temos costume de enfrontamentos de boxeo onde se pasa da primeira á segunda ronda", dicía Mugabe, "e aquí gañamos outro por k.o, así se fixo no pasado e así será agora". Con 84 anos de idade, Mugabe leva no poder desde hai case corenta anos.
De xeito paralelo, e ao tempo que avanzaba o reconto, a propia oposición e observadores internacionais avisaban de indicios claros de fraude nos que implican a partidarios de Mugabe, acusándoos de tratar de manipular a votación. Entre as denuncias está a da expulsión de representantes da oposición dalgúns colexios electorais xusto despois de que pechasen as urnas ou a da aparición nunha zona deshabitada da capital, Harare, de até 8 mil persoas inexistentes rexistradas no censo.
Recomendamos o seguemento electoral en Cimbabue da BBC.