Asasinados no último lustro un milleiro de persoas alleas ao conflito.
O informe ao que se refire o xornal estadounidense inclúe amplas testemuñas de familias labregas en Colombia que viron como se repetía esta práctica a pé das súas casas. Un dos seus parentes desaparecía repentinamente, e aparecía ao pouco nalgún sitio próximo e vestido co uniforme de camuflaxe típico das FARC.
O estudo revela que a presión sobre os militares que están ao cargo do despregue das misións para reducir os guerrilleiros é tan alta que o exército acaba realizando ese tipo de prácticas. Matan un grupo de labregos, póñenlles o uniforme e cóntanos como presuntos guerrilleiros mortos.
Segundo o informe, nos últimos cinco anos cando menos un milleiro de campesiños que foron asasinados deste xeito.
Poden ampliar na reportaxe do Washington Post: Tropas colombianas asasinan labregos e fan pasar os seus corpos polos de rebeldes