Un estudo revela que un mozo que vive no Estado Español precisa gañar 38 mil euros ao ano para acceder sen afogos a un piso.
O Consejo de la Juventud de España (CJE) chegou a unha curiosa conclusión: se un mozo quere mercar unha vivenda sen afogar coa hipoteca precisa que lle aumenten o seu soldo un 132%. Un estudo deste organismo asegura que o salario medio dun xoven que resida no Estado Español é de 16.370 euros ao ano; porén, debido á carestía da vivenda a mesma persoa precisaría duns ingresos de 38.028 euros para poder facer a compra e manter un nivel adquisitivo digno.
O prezo dunha casa é a principal dificultade que atopa a mocidade para emanciparse da familia. Así, só o 13% dos menores de 25 anos viven fóra do domicilio dos pais. Por sexos, as mozas son as que máis se emancipan (50,3) fronte aos mozos (40,4%)