Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
REDES SEN FÍOS

O Parlamento pide que Industria poida asignar frecuencias para banda larga no rural

Unha iniciativa aprobada por unanimidade solicítalle ao Estado que permita que a Xunta poida adxudicar licenzas de redes sen fíos tendo en conta as especiais características do país.

Redacción - 10:45 28/03/2008

O Parlamento apoiou por unanimidade unha iniciativa do BNG que demanda que o Estado comparta con Galiza a xestión do espectro radioeléctrico. Deste xeito, o país poderá dispoñer de frecuencias para licenzas a operadores de rede sen fíos que resolvan as carencias de servizos de calidade no medio rural disperso.

O autor da proposta, Fernando Blanco Parga, explicou que o feito de que o espectro radioeléctrico sexa unha competencia exclusivamente estatal impide que se atendan as peculiaridades dos diferentes territorios. Porén, segundo o parlamentario nacionalista, xa hai precedentes de cesión de parte da xestión do espectro ás comunidades autónomas, como aconteceu cos concursos para outorgar as licenzas de radio e televisión dixital.

Ademais, explicou que o país xa conta cunha estratexia propia, materializada no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) e que conta coa metade dos núcleos de poboación do Estado. O texto pídelle, ademais, ao goberno español que as frecuencias poidan ter como territorio de asignación unha comunidade autónoma, sempre que non supere o seu ámbito territorial, que se lles esixa a posta en marcha ou se lles retiren as concesións ás adxudicatarias que non executasen os investimentos para ofrecer acceso a banda larga e que se lle dea prioridade a asignar servizos de frecuencias para a cobertura no medio rural con banda larga cando chegue o apagón analóxico.

A iniciativa incorporou emendas do PSdeG e do PPdeG, co que o texto final tamén lle pide ao goberno español que Galiza se postule como sede da Axencia Estatal de xestión do espectro radioeléctrico.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: