Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONVERTEN O ORDENADOR NUN 'ZOMBI' CONTROLADO A DISTANCIA

Banners falsos, gran perigo

Módulos de publicidade controladas por piratas poden enganar aos visitantes de páxinas Web

Redacción - 13:27 27/03/2008

Son banners de publicidade que convidan aos usuarios a clicar para aproveitarse dunha promoción. Con todo, trátase dunha nova forma de estafa, descuberta por Trend Micro. Os falsos banners dirixían aos internautas cara á descarga dun software, presentado como do antispyware, pero que permiten en realidade ao seu creador tomar o control do PC desde a distancia. Esta nova ameaza, bautizada malvertising (publicidade malévola), aparece en páxinas que adoitan ser de confianza, o que a volve máis perigosa. Ao principio estes banners só aparecían en páxinas desde as que se podían facer descargas ilegais ou con contidos eróticos, pero agora afecta a webs de grande audiencia.

Ao parecer, resulta difícil coñecer a procedencia dos banners, porque se compran a un controlador, que á súa vez compra o espazo a editores de páxinas web, polo que se atopan diante dunha grande cantidade de intermediarios non se pode saber de quen procede a acción. As sospeitas pesan sobre grupos que operan desde os países do Este e Rusia, de China ou América do sur. Non se trata xa de individuos que teñen competencias técnicas e que programan virus na súa casa, di David Kopp, director do laboratorio europeo de Trend Micro, senón de asociacións de delincuentes cun verdadeiro plan de negocio: "alugan as competencias de expertos, que se venden para gañar máis diñeiro".

Aproveitando a notoriedade dos lugares que parasitan, esta publicidade fraudulenta preocupa aos expertos debido ao seu método de operar. Segundo Kopp, poden utilizar a escasa seguridade dos navegantes. MacAfee identificou máis de 10.000 páxinas de internet, entre webs de viaxe, administracións ou lecer, que foron modificadas por cibercriminais.

Programas malévolos
Unha vez descargado, o programa execútase e abre portos de comunicación no ordenador do usuario, descarga outros programas malévolos ou transforma o PC nun ordenador "zombi", é dicir, controlado a distancia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: