Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ao hospital con bronconeumonía

Pereiro enferma logo de prohibírenlle nunha carreira a menciña contra a asma

A organización da París-Nice négalle o mesmo medicamento que consume, por exemplo, o recente plusmarquista francés de natación.

Redacción - 13:30 26/03/2008

Hai xa meses e debido a unha lea burocrática entre a Unión Ciclista Internacional e a Axencia Antidopaxe Francesa, xa transcendera o historial clínico de Óscar Pereiro, e un dos médicos que o atendeu comentaba daquela que o gañador do Tour 2006 tiña un problema bronquial que facía imprescindíbel o uso da medicación correspondente.

Agora, a belixerancia dos controis sobre os ciclistas provocou que a organización da carreira París-Niza lle negase a Óscar Pereiro o permiso para usar unha coñecida menciña para os enfermos crónicos de asma, o Ventolín. Segundo explican desde o equipo de Pereiro, non se tratou dunha prohibición estrita, pero si da advertencia de que co uso podería incorrer en "sanción".

De resultas do caso, e logo dunha primeira etapa de vento e frío intensos, Pereiro retirouse con problemas desta competición e volveu para Galiza. Froito do episodio e tres días despois, o corredor chegaba a urxencias dun centro hospitalario vigués con bronconeumonía.

Acumulación de belixerancia sobre os ciclistas
Nos últimos días, o gremio ciclista cavila novas mobilizacións contra os excesos de control á que son sometidos. Un dos episodios máis criticados producíase hai dez días, cando o ciclista belga Kevin Van Impe, era requirido para pasar un control antidopaxe de rutina mentres estaba no funeral de seu fillo. Trátase de controis sorpresa aos que os ciclistas non poden negarse e debido aos cales deben indicar de xeito permanente a súa localización podendo ser obrigados en calquera momento a sometérense a eles.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: