O piragüista galego obtivo na anterior tempada uns resultados espectaculares ao proclamarse campión do mundo en C-1500 e clasificarse para os XX.OO.
David Cal foi elixido un dos mellores deportistas do ano pola Asociación de Prensa Deportiva (AEPD), que valorou moi positivamente a súa traxectoria na temporada pasada, na que conseguiu proclamarse Campión do Mundo en C-1500 e asegurar a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Beixín.
O 2007 foi o gran ano do palista pontevedrés, no que se refire á súa carreira deportiva, depois da tempada de 2004 na que foi campión en C-1 1000 metros e subcampión olímpico en C-1500 e recoñecido como mellor deportista dos Xogos Olímpicos de Atenas.
En 2007 tamén acadou o bronce en C-1 1000 e dúas medallas máis deste metal no Campionato de Europa disputado en Pontevedra.