A ofensiva fronte ao líder xií acende unha vaga de incidentes en todo o país. O crego ameaza con promover unha "revolta civil".
Unha ducia de mortos e arredor de vinte feridos nos enfrontamentos entre partidarios de Muqtada al Sadr e as forzas militares iraquís son os datos de última hora na cidade de Basora, nunha vaga de violencia que chimpa xa fóra desta urbe e se estende por todo Iraq.
A situación é resultado da ampla operación militar despregada polo goberno iraquí no sur do país, nunha iniciativa sen precedentes levada a cabo directamente polas novas forzas de seguridade do país e que mobilizou até 15 mil soldados, incluíndo tanques e avións. O propio primeiro ministro, Nuri al Maliki, e os ministros de Interior e Defensa, trasladáronse até Basora para coordinar o despregue militar. Os partidarios do crego contan pola súa parte tamén cunha importante milicia armada.
Última hora: Al Iasira e BBC