O Club Internacional de Prensa organiza estas charlas nas que se falará sobre o deber da información e o cristianismo, respectivamente.
José María Vigil
Enmarcado nas actividades programadas polo Club Internacional de Prensa (CIP) para 2008, esta semana visitan Compostela o escritor italiano e matemático Carlo Fabretti e o teólogo e filósofo José María Vigil, que falarán respectivamente sobre O deber da información no encontro do xoves 27; e profundizarán en se O cristianismo é a única relixión verdadeira, e se as relixións son para sempre", ao día seguinte. Os actos celebraranse na Sede da Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar 19).
Carlo Fabretti, nado en Boloña e residente en España, é escritor e matemático, coñecido por escribir artigos políticos para diversos medios tradicionais e dixitais ou por ser o creador de diversos libros de divulgación científica e literatura infantil. Chega a Compostela para facer unha reflexión sobre O deber da información, conferencia incluída no ciclo que leva por título A información a debate e que achegará a Compostela a outros escritores como Miguel Ángel Bastenier ou José Vidal-Beneyto.
Dentro dos xa tradicionais Encontros do Club, tamén visitará a sede da Fundación Caixa Galicia o teólogo e filósofo José María Vigil, que actualmente exerce como sacerdote e misioneiro en Panamá, e que conta no seu historial cunha extensa obra sobre teoloxía e relixión.