O concurso organizado polas bibliotecas públicas do Concello da Coruña inicia a súa fase de votación, na que escollerán a mellor imaxe relacionada coa lectura.
A rede de bibliotecas da Coruña iniciou hai uns meses un concurso fotográfico titulado Amósanos o que les co obxectivo de escoller imaxes que reflectisen o acto da lectura e o fomentasen. A única condición que se lles esixía ás imaxes era que nelas debía aparecer aparecer claramente o título do libro, e o lector, aínda que este non fose recoñecíbel. O gañador recibirá unha cámara reflex dixital e o segundo e terceiro máis votados faranse cun reprodutor mp4.
Agora comeza a fase de votación, que se pode efectuar na propia web da rede de bibliotecas (http://www.coruna.es/librosenfotos). Son en total 31 fotografías que amosan a persoas de todas as idades con libros nas mans.