Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Temporal, este sábado

Protección Civil activa a alerta laranxa por neve no norte do país

As nevaradas poderían afectar tamén no sur, nas comarcas de Ourense. Ademais, haberá mar de fondo do noroeste con ondas de até 3,5 metros na costa.

Redacción - 11:50 22/03/2008
Predicción para este sábado á tarde / MeteoGalicia

Predicción para este sábado á tarde / MeteoGalicia

A Dirección Xeral de Protección Civil activou a alerta laranxa por neve nas metade norte do país a partir deste sábado e a alerta amarela no mar como consecuencia dos fenómenos meteorolóxicos adversos.

Segundo indicou o Goberno este venres á tarde nun comunicado de prensa, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) prevé precipitacións que poderán ser localmente moderadas na metade norte e en forma de neve a partir dos 900 metros, con tendencia a baixar ao longo do día até os 700 metros e mesmo cotas inferiores.

Na zona norte (comarcas das provincias de Lugo e da Coruña) poderíanse acumular até oito centímetros de espesura e catro centímetros na sueste (comarcas da provincia de Ourense).

Alerta amarela no mar
Ademais, continuarán os fenómenos adversos na franxa costeira por mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 metros que poderían aumentar deica os 3,5. O vento en mar será de noroeste a norte e alcanzará forzas 5 e 6 con intervalos de forza 7. Xa que logo, Protección Civil activou a alerta amarela no mar.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: