Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Beleza galega ao trono masculino mundial

De apagar lumes na terra da pataca a acender paixóns no Universo

Un mozo de Xinzo engaiola o xurado de Míster Universo. Velaquí o poden ver co disfrace de toureiro que escolleu para facer un pase.

Redacción - 16:45 18/03/2008

A pé destas liñas teñen foto de Iván Cabrera, nado en Xinzo da Limia hai vinte e tres anos. Hai poucos día que foi elixido Míster Universo, título co que se lle recoñecerá en 2008 como "home máis belo do mundo". Comezou traballando nun laboratorio clínico e posteriormente aprobou as oposicións de bombeiro, a súa profesión actual.

Hai un par de anos que gañara o equivalente provincial, Míster Ourense, e desde aquela facía traballos esporádicos para diversas empresas de moda. Unha axencia malagueña empurrouno ao certame estatal e despois de gañalo, a recente competición no concurso internacional, celebrado na República Dominicana, converteuno en Míster Universo 2008.


3,29/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Aí teñen a Iván, que decalraba para a Radio Galega que o vestido de toureiro "gustou moito" no xurado
Aí teñen a Iván, que decalraba para a Radio Galega que o vestido de toureiro "gustou moito" no xurado
Representantes doutros lugares con presuntos disfraces ou traxes típicos. Reparen no do representante dos EUA, á beira dos de Honduras e Bonaire
Representantes doutros lugares con presuntos disfraces ou traxes típicos. Reparen no do representante dos EUA, á beira dos de Honduras e Bonaire