Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
As novidades do atletismo galego

De Santaló e Dacal destacan no Europeo de Lanzamentos

A dupla presenza galega en Croacia notouse esta fin de semana. Os dous atletas fixeron as súas mellores marcas.

Redacción - 11:59 18/03/2008
Gustavo Dacal

Gustavo Dacal

Mercedes de Santaló e Gustavo Dacal foron seleccionados pola Federación Española de Atletismo para participar no Campionato Europeo de Lanzamento que se desenvolveu esta fin de semana en Split (Croacia).Segundo contan dende a Federación Galega de Atletismo, ámbolos dous cumpriron "á perfección nos seus respectivos concursos".

De feito, de Santaló, dentro da Serie B, mellorou a súa mellor marca da tempada ao mandar o disco até os 51,54 metros, conseguindo fichar cuarta no seu grupo.

Polo seu lado, Gustavo Dacal conseguiu, no seu primeiro lanzamento, mandar a xavelina ate os 69.68 metros (marca da tempada), feito que o levou á novena praza no grupo forte da proba.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: