Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pouca información e apenas misas

Unha Semana Santa posíbel "en galego"

A Mesa pola Normalización Lingüística fai campaña en Ferrol a prol da inclusión da nosa lingua nos actos relixiosos.

Redacción - 19:30 17/03/2008

Só un 20% de misas se realizan en galego, malia que segundo enquisas realizadas, sete de cada dez asistentes estarían a favor de que os actos litúrxicos fosen na nosa lingua. Son cifras que recordaban este luns desde a Mesa pola Normalización Lingüística.

O colectivo achegouse a Ferrol este luns para denunciar que o galego "estase excluíndo da información e da liturxia da Semana Santa". Por este motivo, convidaron o alcalde da cidade, Vicente Irisarri, a vixiar o cumprimento dos convenios que asina a administración con empresas ou entidades e que lles obriga "á defensa do galego".



De momento non houbo resposta tampouco á petición á Coordinadora de Confrarías da cidade a implicárense na atención á lingua. Así, por terceiro ano consecutivo, A Mesa realiza unha campaña pública coa que solicitan que o galego se inclúa na información que se ofrece da Semana Santa, e que forme parte da liturxia e dos actos relixiosos.



Nesta ocasión, só unha confraría, a de Dolores, realizou parte dos folletos informativos en galego e, segundo apuntou A Mesa, debido a que para iso solicitou unha subvención ao departamento de Turismo da Xunta.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: