Un rover concibido pola Axencia Espacial Europea podería pousarse por primeira vez sobre o noso satélite para 2015
O próximo novembro, a Axencia Espacial Europea (Esa) presentará aos ministros dos seus respectivos estados membros un ambicioso proxecto de misión na Lúa. Baixo o nome de ‘Moon-NEXT', a operación prevé envíar sobre a superficie da Lúa un rover (un vehículo robotizado) encargado de estudar o satélite.
O anuncio foi feito por Bernard Foing, un dos directores científicos da Esa, á BBC durante unha conferencia sobre a Lúa en Houston, onde presentaba algunhas imaxes do Polo Sur do satélite. Unha zona explorada pola misión SMART-1, e que podería converterse no terreo de aterraxe do novo proxecto anunciado.