Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Comeza o 27 de marzo

Galeano, Preston e Bastenier pasarán polo CIP dentro das actividades de 2008

América Latina, os dereitos humanos ou a desigualdade social centran o programa deste ano do Club Internacional de Prensa

Redacción - 14:30 17/03/2008

O Club Internacional de Prensa organiza novas conferencias para este 2008 que darán comezo o vindeiro 27 deste mes co ciclo A información a debate, na que contarán coa presencia do escritor e matemático italiano Calro Fabretti e de Miguel Ángel Bastenier, profesor da Escola de Xornalismo de El País, na que falará sobre os "Xornalistas sen empresarios".

O escritor uruguaio Eduardo Galeano tamén visitará Galiza, presentando o seu último libro Espejos enmarcado no ciclo América Latina: Presente Indicativo, no que tamén participarán en abril a integrante da Asociación Ex-Detidos Desaparecidos (AEDD) de Arxentina, Nilda Eloy; ou Narciso Isa, en representación de Presidencia Colectiva da Coordinadora Continental Bolivariana (CCB), entre outros.

Os tradicionais "Encontros do Club" continuarán neste 2008, coa participación do deputado europeo Antolín Sánchez Presedo, que o 17 de abril falará sobre o papel de Galiza en Europa, a economía do continente e a inmigración. Xa en xuño, o historiador británico Paul Preston tamén pasará polo CIP, para participar nun ciclo sobre xornalismo e guerra.

Obradoiros xornalísticos

A televisión será o obxecto de análise dun obradoiro xornalístico que se celebrará do 5 ao 8 de maio na Facultade de Ciencas da Comunicación da USC, e no que se afondará sobre o proceso de investigación na elaboración de documentais nun debate no que participará o director e guionista da serie documental Voces contra a globalización... outro mundo é posíbel?, Carlos Estévez.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O escritor uruguaio Eduardo Galeano presentará o seu novo libro
O escritor uruguaio Eduardo Galeano presentará o seu novo libro
Paul Preston falará sobre xornalismo e guerra
Paul Preston falará sobre xornalismo e guerra