Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Os galegos dominan os test de piragüismo

Jovino González e David Mascato demostran a súa forza en Verducido

O primeiro en K-1, e o segundo en C-2 protagonizaron as probas que seleccionaban os mellores palistas para ir ao Europeo e poder conseguir pasaporte para Beixín 2008.

Redacción - 12:20 17/03/2008
Jovino González

Jovino González

Os dous palistas galegos conseguiron demostrar este domingo o seu bo estado de forma dominando, con forza, as probas de Federación Española de Piragüismo que outorgaban os pases para participar no Europeo de maio, que se ha desenvolver en Milán.

O sábado Jovino González en K-1 1.000 metros, e Mascato en C-2 1.000 metros, acompañado de Alfredo Bea, conseguiron as primeiras vitorias, que ratificaron o domingo sobre 500 metros (desta volta Mascato acompañado de Tono Campos).

Terminado este test de control da federación, cada vez se axusta máis a listaxe de candidatos para completar o equipo estatal que vai estar no vindeiro Campionato Europeo, a desenvolver en Milán do 15 ao 18 de maio. No Europeo é onde o equipo español xoga o pasaporte para Beixín 2008.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



David Mascato e Tono Campos, nos 500 metros
David Mascato e Tono Campos, nos 500 metros
Chegada de Campos e Mascato (C-2 500 metros)
Chegada de Campos e Mascato (C-2 500 metros)
Os galegos Miguel Rodríguez Galbán e André Oliveira, segundos en C-2 500 metros
Os galegos Miguel Rodríguez Galbán e André Oliveira, segundos en C-2 500 metros