Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN MOSCOVA

Putin non ocupará o lugar de Marx

Unha comisión da Duma rexeitou a proposta de erixir un grandioso monumento en honor de Putin que subtituiría á estatua de Marx na Praza do Teatro.

Redacción - 11:00 15/03/2008

"Deixemos a cuestión para as xeracións vindeiras", sentenciou o presidente da comisión, Lev Lavrenov: "nos países civilizados a importancia das figuras públicas e políticas determínase 50 anos despois de que deixen o seu posto". Semen Perfilyev propuxera construír un inmenso monumento en honor de Vladimir Putin para ofrecerllo como homenaxe no seu 55 cumpreanos, e como agasallo do país "polos seus logros". Propoñíase ademais erixilo na Praza do Teatro (no lugar hai tres grandes teatros, entre eles o Bolshoi), no lugar que agora ocupa unha estatua de Carlos Marx, debido a que, en palabras de Perfilyev, "Marx non era ruso".

Perfilyev presentou varios proxectos, entre eles unha gran escultura en bronce de Putin que repousaría sobre un arco de mármore e unha esfera de prata. A esfera, de 25 metros de ancho, representaría o hemisferio norte, e nela detallaríse o perfil de Rusia e outros países. Na estatua de Putin, o dirixente ruso aparecería vestido cun amplo impermeábel e un rolo de pergamiño na súa man: "o Plano Putin", segundo a proposta.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: