Representantes dos produtores agardan que as conversas sirvan para normalizar a relación entre as partes.
A patronal das industrias lácteas e os representantes dos gandeiros acordaron este venres comezar unha negociación sobre o prezo do leite en orixe. Ábrense así expectativas dun acordo entre as dúas partes logo das protestas que puxeron en marcha os gandeiro nas dúas últimas semanas para protestaren pola baixa de prezos (até seis céntimos por litro). O responsábel de Gandeiría de UPA, o lalinense Román Santalla, díxolle a Europa Press que ten esperanzas de que produzan avances importantes.
Santalla subliñou que o sector atravesa un momento “moi complicado” polo incremento dos custes de produción. Para o sindicalista, os incidentes acontecidos esta semana na fábrica de Leche Celta en Pontedeume é unha mostra “da situación tan dramática” que padecen os gandeiros.