Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Seguen as protestas

As familias xitanas de Monteporreiro abandonan as novas vivendas polo contorno "pouco integrador"

O alcalde de Pontevedra apoia os veciños do barrio. Por outra banda, o rexedor da Coruña dixo que as familias de Penamoa non se van realoxar en Novo Mesoiro ou Eirís.

Redacción - 17:20 14/03/2008
O barrio de Penamoa ardendo / Imaxe tirada do Flickr de marseoane

O barrio de Penamoa ardendo / Imaxe tirada do Flickr de marseoane

As familias de etnia xitana realoxadas no barrio pontevedrés de Monteporreiro comunicaron esta sexta feira á Vicepresidencia a súa decisión de abandonar definitivamente as vivendas de realoxo, ao considerar que o entorno e clima que se vive no barrio fai imposible a súa integración.

Segundo comunicou a Vicepresidencia da Xunta, xunto coa Consellaría de Vivenda e Solo vaise traballar, dende a Xunta, para facilitar unha solución co que comece "o proceso de integración".

Mais, de feito, os veciños deste barrio pontevedrés continuaron esta semana coas mobilizacións contra o realoxo das familias xitanas na súa veciñanza. Esta quinta feira (despois de se manifestar diante do edificio administrativo da Xunta e cortar o tráfico en varias rúas da cidade), irrompían na pasarela Pontus Veteris, berrando "Vicepresidencia paga delincuencia".

A fiscalía investiga se hai delito nas protestas
Os veciños de Monte Porreiro levan varias semanas manifestándose contra o realoxo das familias xitanas no seu barrio, mais agora a Fiscalía vai investigar se houbo delito nalgunhas das súas protestas.

Segundo explicou esta quinta o fiscal xefe da Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, xa tiñan comezado a "se hai algún tipo de ilícito penal no acontecido" neste dúas, ou se as protestas "obedecen a algún tipo de conflito doutra clase".

Lores defende a postura dos veciños contra o realoxo
O alcalde de Pontevedra, Miguel Lores, afirmou esta quinta feira a súa "clara e inequívoca" postura na defensa dos veciños de Monte Porreiro e en contra dos realoxos dos chabolistas neste barrio, segundo publicaba esta sexta feira o xornal Faro de Vigo. O rexedor nacionalista mesmo se posicionou en contra dos acordos asinados por Vicepresidencia e Vivenda, ao tempo que sinalaba que o Concello vai demandar ás administracións implicadas. O alcalde pontevedrés xa tiña comezado un un recurso contencioso-administrativo contra o acordo do Concello de Poio polo realoxo das familias xitanas en Monte Porreiro.

Na Coruña tamén hai protestas dos veciños de Penamoa

Na mañá da sexta feira o alcalde da Coruña, Xavier Losada (PSdeG) contaba nun programa de radio que os ruxerruxes que apuntaban a que as familias xitanas do barrio de Penamoa ían ser realoxadas en Novo Mesoiro ou Eirís non eran certos. Segundo Losada, as vivendas protexidas destes barrios serán ocupadas polos veciños que sufriron expropiacións nestas zonas.

E é que os ruxerruxes xa tiñan quecido os ánimos duns 400 veciños da zona, que despois dunha xuntanza desenvolvida esta quinta feira de tarde, convocaron unha manifestación para esta sexta feira, ás 20:00 horas, que vai cortar o tráfico do polígono industrial do Pocomaco.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: