A conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, busca adaptarse "ás novas circunstancias e consumos". O texto xa se pode consultar na rede.
Dende este venres, os cidadáns poden consultar o texto do anteproxecto da Lei Integral en Materia de Drogodependencias e outros Transtornos Aditivos. A nova normativa, é segundo a Xunta, un intento de afrontar o problema dende a prevención e a asistencia. A lei está chamada a substituír á actual, que data de 1996. Dende a Consellaría de Sanidade lembran que o anteproxecto se elaborou tendo en conta os axentes sociais, sobre todo aqueles que están en primeira liña de asistencia aos enfermos.
O novo texto prohibe a venda de calquera tipo de bebida alcohólica a menores de 18 anos, ademais restrinxe o seu consumo nas vías públicas, porén os concellos terán a última palabra á hora de facer excepcións. Un dos eixos do anteproxecto é a promoción de hábitos saudábeis no ámbito escolar. A conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio. Asegura que a norma busca adaptarse “ás novas circunstancias e consumos” e que supón “un paso adiante ofretando un tratamento integral”.